Contidos do proxecto

Unha vez analizado o contexto histórico-social no sector da hostalaría segundo o cal na actualidade segue sendo palpable unha brecha diferenciada por sexos en diferentes ámbitos, vemos necesario deseñar accións concretas, específicas, medibles e avaliables para motivar e cambiar paseniñamente a realidade.
A través deste proxecto, trázanse desde os eixes estratéxicos de intervención ata as actuacións específicamente deseñadas para acadar os obxectivos específicos formulados no marco do obxectivo xeral proposto, fomentando a reflexión, a análise crítica e a detección dos estereotipos de xénero na área exposta. Fomentarase, deste xeito, a súa comprensión, recoñecerase a súa incidencia e desenvolveranse estratexias e ferramentas para superalos.
A través dos contidos que expoñemos de seguido trataremos de afondar na consecución das liberdades fundamentais e da igualdade efectiva de oportunidades entre homes e mulleres así coma a valoración crítica das desigualdades existentes no ámbito da hostalaría, de forma que sirvan para superar certos comportamentos sexistas:

Contido No 1.- A muller, papel fundamental dentro do crecemento e desenvolvemento da Hostalaría en España:
A orixe deste propósito nace o curso pasado 2018/19 coa actividade “A QUE SABEN AS ESTRELAS? preocupados pola fendedura existente entre homes e mulleres no ramo da hostalaría e no que case a metade do alumnado do IES de Vilamarín é de xénero feminino.
Un bo indicador é a famosa Guía Michelin que este ano 2019 soamente recoñeceu a 4 cociñeiras entre as 31 novas estrelas para España. Esta é unha realidade estraña pois os recordos gastronómicos mais especiais que ten o ser humano remóntanse á cociña das nosas nais e avoas. Un tipo de comida que reconforta, alimenta e seduce o padal, conformando, ademais, a memoria gastronómica que os cociñeiros de vangarda tratan de activar coas súas reinvencións.
A razón que explica que os labores culinarios das mulleres non fosen recoñecidas están na falta de presenza e poder da muller na esfera pública, lonxe do fogar. Ás mulleres inculcóuselles desde pequenas que o lugar da muller está na cociña, mentres que o home tivo a liberdade de tomar as rendas do restaurante.
A través desta actividade quixemos darlle visibilidade ás mulleres de referencia que acadaron recoñecidos premios nun mundo de “homes”. Comezamos por alguna das grandes chefs galegas e de seguido fixemos un salto ao ámbito nacional: Lucía Freitas, Beatriz Sotelo, Toñi Vicente e Carme Ruscalleda (Mensaxe de apoio da Chef ás alumnas de cociña implicadas no proxecto).Para continuar construíndo en igualdade e mostrar que as mulleres poden cambiar o mundo desde os fogóns e en toda a cadea que implica a alimentación, profundizaremos no “gastropoder” que teñen en postos de responsabilidade na cociña, sala, sumillers, panadaría, repostaría e confeitaría, así como produtoras e responsables de aloxamentos turísticos.
Nun mundo gastronómico capitaneado por homes temos unha canteira de mulleres profesionais en distintas ramas do sector que non ocupan tantas portadas e liñas como deberían.
Son a resistencia. Quen demostra co seu bo facer, o seu tesón e profesionalidade que a Gastronomía ten nome feminino, desde os fogóns á comunicación, distribución, cátering ou coordinación.

Contido No 2.- Dazaseis tópicos machistas que perviven na gastronomía.- Sexismo no sector: paterlanismo, ninguneo, alusión ao físico ou a loita pola conciliación:
Referenciaremos o ámbito da gastronomía, onde a muller pasou demasiado tempo elaborando bos fondos, mentres o home lucía a prezada chaquetilla de chef. Que si: eles encargáronse de asinar as nóminas e elas tiveron que conformarse con menos que os seus compañeiros.

Fomos "as nenas", "as mulleres de", "as camareiras con bo escote". Fregamos chans, tixolas e cacerolas. Tragámonos a unha xeración de críticos gastronómicos con moito bandullo e pouca camaradería. E soportamos que nos servisen o viño branco, o peixe azul e o prato de

"verdurita" asada, dando por feito que podían tirarnos os trastes e a conta pagábaa el. As cociñeiras que saíron á sala atopáronse miradas confusas.

Xa vale, non? Algo ten que cambiar. De feito, está a cambiar. Así o confirma que nacese a asociación Mulleres en Gastronomía (Meg), onde profesionais das distintas ramas do sector poñen en común ideas, sinerxias e propostas. Un paso máis para aniquilar a invisibilidade, e mesmo para facer autocrítica por permanecer en silencio.

Contido No 3.- Sexismo e publicidade: A publicidade gastronómica ao longo das décadas:
A pesares de que a representación feminina nos anuncios vai mudando e ampliándose conforme evoluciona a sociedade, aínda nos queda moito camiño por percorrer. Falar de sexismo na publicidade é espertar polémica, pois trátase dun tema moi controvertido no que os roles tradicionais, as opinións persoais e as interpretacións mestúranse.

O que non é ningún secredo é que as innovacións tecnolóxicas dirixidas á muller, fai anos, limitábanse ás que lles axudaban nas tarefas do fogar.

Publi vintage: as cousas da casa son para ela, e a electrónica só para secretarias:
Vaiamos por exemplo aos anos 60. Unha sociedade puramente machista, especialmente en España onde a muller, non podía abrir unha conta bancaria ou facer unha compra importante sen permiso do seu marido, o cabeza de familia.

Por aquel entón comezaron a aparecer algúns adiantos electrónicos caseiros. As familias dispoñían de máis capital que podían investir en mellorar as súas vidas cos novos adiantos que se poñían á venda. Moitos deles estaban destinados ao fogar: fornos, lavadoras, aspiradoras e máis tarde microondas anunciábanse con frecuencia como aliados das mulleres, que serían as súas usuarias. E por suposto, a publicidade non ía orientada a elas, senón aos seus maridos.

"I' m giving my wife a Kenwood chef" ("Regálolle á miña muller un Kenwood Chef"), era o lema dun anuncio da época que nos explicaba que este magnífico aparello facíao todo menos cociñar, porque iso era cousa da esposa.

Con todo, tamén había un campo fora do fogar ao que estaban a chegar os avances tecnolóxicos e a muller podía participar deles: a oficina. Pero non falamos de directivas ou xefas, nada diso. Trátase das secretarias, auténticas protagonistas de anuncios de máquinas de escribir electrónicas ou computadores da época. Iso si, anuncios dirixidos aos seus xefes, nos que se glosaban as vantaxes que obterían e o rápido que sacarían adiante o traballo se as súas empregadas comezaban a utilizar eses aparellos.

Desenvolver unha análise pormenorizada a través da publicidade gastronómica de diferentes países e ao longo dos anos, serviranos para acadar unha valoración crítica das desigualdades existentes no sector e visualizar certos
comportamentos sexistas presentes na actualidade.

Contido No 4.- A brecha salarial de xénero supera o 20% na hostalaría:
O emprego no sector turístico mellora aos poucos—medra máis o emprego fixo que o temporal e a xornada completa que a parcial— pero menos no caso das mulleres que dos homes. As traballadoras do sector perciben, de media, un 20% menos que os homes, mercé a que acumulan máis porcentaxe de traballo temporal e a tempo parcial.
Con todo iso, prodúcese unha brecha salarial por encima do 20%, é dicir, as mulleres cobran de media o 79,8% do salario medio dos homes. O soldo das mulleres que se dedican á hostalaría supón un 54% do salario medio en España, mentres que o dos traballadores do sector alcanza o 67%. O maior nivel de contratación a tempo parcial entre as mulleres está detrás desa diferenza. Partindo desta análise, existen varios temas que se deben tratar para conseguir a igualdade plena: discriminación, laboral, diferencia salarial, liderado e referentes.

Contido No 5.- Cociña e literatura:
Algo sucedeu a mediados do Século das Luces, unha revolución invisible e inadvertida, os europeos empezaron a preocuparse polo que comían e a preocuparse culturalmente. Lonxe das cortes e dos palacios, nas cociñas dos pobos e dos apartamentos burgueses das capitais, tomaron conciencia de que cociñar e sentar á mesa era algo máis que unha necesidade corporal ou un pracer, que era un ritual que lles conectaba a unha cultura, un patrimonio e unha historia. A mediados do século XVIII escribíronse os primeiros grandes receitarios que compilaban a sabeduría gastronómica das nacións, un destes libros é Art of Cookery, de Hannah Glasse (1747) e partir de agora a gastronomía empeza a percibirse como unha manifestación cultural máis, como a literatura. Outros nomes como a escritora Emilia Pardo Bazán puxo a súa mirada culta sobre a cociña, achegando un criterio persoal na selección de receitas para o seu primeirolibro A cociña española antiga, publicado en Madrid en 1913 coa intención de "apresurarse a salvar antigas receitas”.
Outra destas mulleres, nun estilo distinto e posterior no tempo, foi María Mestayer de Echagüe mais coñecida como A Marquesa de Parabere que co seu libro de cociña, o primeiro aborda as receitas cunha minuciosidade nos seus comentarios que a fan pioneira da técnica do “paso a paso” polo seu estilo didáctico. A Cociña Completaenciclopedia culinaria, viu a súa primeira edición en 1932 e creou escola entre gourmets e afeccionadas.
Máis cercanas no tempo, encontramos obras e autoras moi a ter en conta:

"Como auga para chocolate", Laura Esquivel

Nesta preciosa novela, Laura Esquivel válese da gastronomía para reflectir os sentimentos de Tita, o seu protagonista, que se ve abocada a un inxusto destino (debe rexeitar a pedida do seu amado para quedar a coidar da súa nai, dado que é a pequena da familia). Cada capítulo conta cunha sorte de receita e a súa elaboración. O mellor é que ela é capaz de transmitir o que sente a quen cata a súa comida. Un das súas pasaxes máis marabillosas narra como os seus comensais bótanse a chorar ao primeiro bocado.
"Pan de limón con sementes de mapoula", Cristina Campos
O doce da repostería encaixa á perfección neste novela que ten como protagonistas a dúas irmás mallorquinas separadas na súa mocidade. Ambas herdan a pastelería dunha muller á que cren non coñecer. Mentres que tentan desentrañar os misterios da súa herdanza, Anna e Mariña recuperan os anos perdidos entre receitas de biscoitos e galletas.
"Torta de améndoas con amor", Ángela Vallvey
A cociña pode cambiar vidas, e esta novela é exemplo diso. Nela, o seu protagonista, unha moza que ha de coidar do seu pai enfermo, está afeita comer comida precociñada e a deshoras. Os seus malos hábitos alimentarios son un fiel reflexo da súa vida, a cal cambiará de maneira drástica cando coñece a Mirna, unha estupenda cociñeira que lle inculca a importancia da boa gastronomía, así como os beneficios para o corpo e para a mente.
Estes son algún exemplos nos que se relaciona literatura e gastronomía conxugado por mans femininas pero o abano é extenso. Descubrir, identificar e diferenciar as emocións a través das receitas é un privilexio que nos pode axudar a recordar vellas sensacións gustativas da infancia.


Contido No 6.- Ciencia e Gastronomía:
O descubrimento e a análise das bases científicas sobre as que se asentan os procesos comúns da cociña, as aplicacións científicas, innovacións en gastronomía e outros aspectos físicos, químicos e nutricionais a ter en conta na hostalaría conformarán o compendio de obxectivos que persegue este contido. Afondaremos nas múltiples ligazóns existentes entre a ciencia dos alimentos e a gastronomía ao longo de distintas actividades guiadas por tecnólogas e investigadoras da facultade de ciencia e tecnoloxía dos alimentos da Universidade de Vigo. Queremos poñer, a través do desenvolvemento deste contido, o noso gran de area desde aperspectiva de xénero nos ámbitos científico e tecnolóxico, tan estreitamente ligados á gastronomía.
Muller + Ciencia + Gastronomía = + Galicia.

Comentarios

Publicacións populares