Dazaseis tópicos machistas que perviven na gastronomía.- Sexismo no sector: paterlanismo, ninguneo, alusión ao físico ou a loita pola conciliación.


Referenciaremos o ámbito da gastronomía, onde a muller pasou demasiado tempo elaborando bos fondos, mentres o home lucía a prezada chaquetilla de chef. Que si: eles encargáronse de asinar as nóminas e elas tiveron que conformarse con menos que os seus compañeiros.

Fomos "as nenas", "as mulleres de", "as camareiras con bo escote". Fregamos chans, tixolas e cacerolas. Tragámonos a unha xeración de críticos gastronómicos con moito bandullo e pouca camaradería. E soportamos que nos servisen o viño branco, o peixe azul e o prato de
"verdurita" asada, dando por feito que podían tirarnos os trastes e a conta pagábaa el. As cociñeiras que saíron á sala atopáronse miradas confusas.

Xa vale, non? Algo ten que cambiar. De feito, está a cambiar. Así o confirma que nacese a asociación Mulleres en Gastronomía (Meg), onde profesionais das distintas ramas do sector poñen en común ideas, sinerxias e propostas. Un paso máis para aniquilar a invisibilidade, e mesmo para facer autocrítica por permanecer en silencio.


1.- Se é refinado, fíxoo unha muller:
Hai certos estereotipos na cociña que debemos erradicar. Por exemplo, elementos refinados atribuídos só á muller (por exemplo, flores nun prato). Cando hai flores nun prato moitos dos comensais pensan que é cousa dunha muller. A elegancia, o equilibrio ou a sutileza poden ser virtudes tanto de homes como de mulleres.

2.- O home sempre é o chef (un clásico do machismo) con exemplos variados:

- Unha moi clásica é pedir a talla de sostén para encargar a chaquetilla, e encima entre risas.

- Tamén traballar en equipos de mulleres, cun home de axudante, e que entre o proveedor dirixíndose directamente a el. Ou si está a cociña á vista, algún cliente “simpático” que lle de "o

pésame" por estar entre tanta moza.
- Nun restaurante que se escoite dicir que é unha "cociña moi feminina", que se supón que é iso?
- Ou preguntarlle á chef: 'Todo isto fixéchelo ti?.

3.- Eles pagan a conta:
Nunha comida ou cea en parella, a señora pídelle a conta ao persoal de sala e ao cabo dun intre e, sen pensalo dúas veces, que lla entregue ao home da mesa. Seica non foi a muller quen pedíu a conta? Por que se sobrentende que pagará o home? Non somos igual de válidas e autosuficientes como para pagar unha factura?.

4.- As mulleres non cociñan:
O maior tópico ao que se teñen que enfrontar nestes anos as cociñeiras é a demostrar que cociñan. En serio. Resulta paradoxal, porque a metade dos homes que entran a formarse en cociña non fritiron nin un ovo antes. Pero moita xente non se cre que sexan algunhas mulleres as que leven a batuta, as que cociñan e organizan a todo o persoal dun restaurante.

5.- Todas as mulleres chámanse “nena”:
Normalmente, todos os empregados, tanto homes como mulleres, aceptan perfectamente o rol de muller xefa de cociña e non teñen problema en recibir ordes. Con todo, todos escoitamos alguna vez o tópico de que o período é a causa do enfado dunha muller. Ou que se dirixan a eles polo seu nome, mentres que a nós chámannos "nena". E, por suposto, non se pode pasar por alto que a muller afronta máis obstáculos no seu camiño cara ao éxito. A maternidade e a conciliación familiar sempre son temas controvertidos. Tamén seguen asignándolles traballos de menor responsabilidade, lucimento ou visibilidade.

6.- O sexo débil (literalmente):

O tema do peso. Por ser muller, á hora de coller peso na cociña, sobrenténdese que non poderán con iso. Por exemplo, á hora de levantar unha marmita ou algunha caixa pesada.

idade tamén é un recurrente, a maioría de veces, cando un comensal pregunta polo chef, espérase atopar a unha figura masculina, cando sae unha muller a saudalos, a sorpresa é maiúscula si se suma o factor xove á fronte dun restaurante.


7.- Elas cobran menos:
No que respecta ao persoal de sala, nun restaurante, cando é unha muller sumiller a que se ocupa do viño, os destilados, os cigarros puros... das cousas “de tradición masculina”, a cara de sorpresa dalgúns clientes dio todo. En moitos congresos, relatorios e como membros de xurados a muller (como persoal de sala ou sumiller) ten unha excasa presenza e por desgraza é constatable que os soldos soen ser menores que os dos compañeiros ou que non podenacceder a postos de responsabilidade, e que outras xefas de sala sufriron verdadeiras faltas de respecto.
Topicos machistas que se arrastran na sala de tempos pasados? Cada vez menos, porque se fai moito fincapé nas escolas de hostalaría. Aínda quedan restaurantes nos que á muller dáselle a carta sen prezos, para que non vexa o que paga o señor. Na sala insístese en que se pregunte quen vai elixir o viño, quen o vai a probar, a quen se lle entrega a conta, quen vai tomar o café ou o carajillo para evitar que se poña directamente este último ao señor, como se facía noutros tempos. E en definitiva a tratar aos nosos comensais como persoas, independentemente do xénero, o que non significa deixar ao carón o protocolo.

8.-Elas non dirixen:
O perfil de catadora. No ano 2000 e, nun curso da Cámara de Comercio, a proporción era de catro mozas fronte a 40 mozos. Hoxe en día hai un 50%. Isto quere dicir que se están igualando os números, mesmo no ámbito da viticultura, onde hai cada vez máis mozas. O que falta é o acceso a postos directivos.

9.- Eles fano ben, elas son guapas:
Todas e todos escoitamos nalgunha ocasión como unha persoa, referíndose a dous socios empresarios (home e muller) se exaltaba o talento no caso do home e pola contra o físico no caso da muller. Os "guapa, bonita, a miña nena, moza" referidos ao persoal de sala seguen estando á orden do día. Obviar o feito de que poida ser a muller a que elixa o viño, a que o cate, é unha tónica habitual. Os medios de comunicación teñen a obriga de empregar unha linguaxe máis inclusiva ao falar de gastronomía, afixémonos a certos tópicos machistas, normalizámolos e iso debe mudar.

10.- Sen homes, non hai comida:
Recordos con especial afectación de historias de cociñeiras que cando sean a saudar aos comensais coa sua chaquetilla, delgadiña e xove, pregúntanlle: "Pero... e o cociñeiro?”.

11.- As cociñeiras son as únicas responsables dos seus fillos:
Quizá o maior reto no sector da hostalaría sexa a conciliación. A sociedade dá por feito que o peso do coidado dos fillos recae na muller. Nunha empresa de cátering, sucede que os horarios de traballo coinciden co lecer do resto, e pregúntannos ás mulleres onde están os nosos fillos e fillas. O máis importante é que as nais traballadoras se quiten o cargo de culpabilidade por non chegar a todo. Somos responsables, temos dereito a distribuír o noso tempo e que as horas que lle dediquemos aos nosos fillos sexan de calidade.

12.- As mulleres non valen para o mundo agrícola:Ninguén dixo que fose fácil... pero...Sabíamos que o mundo agrícola, a pesar de ter á muller moi presente desde o inicio dos tempos, era un mundo de homes. Especialmente o sector do oliveiral e do Aceite de Oliva Virxe Extra ( Aove). E así o atopamos: escepticismo, dúbidas e sorrisos de ironía pero non son suficientes para o desalento. O traballo e o esforzo, a seriedade e profesionalidade, non só dunha muller, senón dun grupo de mulleres, logrará demostrar que o sector dos aceites é plural. E que esa pluralidade é clave para o seu desenvolvemento e evolución.

13.- Que mona vai sempre esta moza...:
Durante a carreira profesional das mulleres adicadas ás diferentes ramas da hostalaria percíbese un ton machista en determinadas ocasións, xa fose polo seu aspecto físico e a súa forma de vestir, ou por outras cuestións profesionais. Dase máis no labor como empresarias e soe vir tanto de homes como doutras mulleres. Seguimos confiando en que eles son máis válidos para determinadas funcións cando iso non é así.

14.- Se é muller é a secretaria:
No refente ás editoras e coordinadoras de revistas de especialización gastronómica, a xente – case sempre homes– asumen que aínda que se traballe nun medio dirixido por un home, se sobrentenda que se é a secretaria deste. Dá igual que na firma do correo poña editora e coordinadora e que cada semana saian dous textos escritos por ela: cada dous por tres atoparémonos con frases como: ”Pois cóntallo ao teu xefe” ou "dille que me chame”.

15.- “Nenas” a calquera idade:
As nenas. Cando se traballaba na cociña, hai 30 anos, ás mulleres nun equipo de homes, como nos chamaban? As nenas. Dúas mulleres novas, na metade da vintena, igual que gran parte dos seus compañeiros, pero a eles dedicábanlles outros adxectivos máis poderosos. Era algo que entón se asumía de maneira natural aínda que non gustase: a finais dos 90 non había un clima social que fose favorable a estas revisións. Pregúntome se, entrado o 2019, nas cociñas, ás mulleres séguellas infantilizando ou xa estamos noutro plano.
Como clienta, non soporto ao camareiro que che fai branco das súas bromas machistas e condescendientes, importándolle ben pouco a miña incomodidade á vez que ao home lle sirve a comida con dilixencia.

16.-Bebidas de muller, bebidas de home:
No mundo do bar, o clásico é asumir que por ser unha muller queremos a Piña Coada e non o Manhattan (ou que o Cosmopolitan é un cóctel dulzón, cando é acedo para parar un tren). Isto, levado ao xornalismo gastronómico, tradúcese en que máis dunha vez atopámonos benintencionados bartenders que se empeñan en explicarnos –non sempre ben– como funciona un alambique ou outros aspectos técnicos que, en realidade, xa sabemos.
Doutra banda, cando estás ti servindo os cócteles non te chamas "nena", "princesa", "moza", etc. E non estamos obrigadas a responder preguntas sobre o noso estado civil ou plans para a noite ou a tomarme un chopo contigo.
Cantas veces nos tratan de bolseiras, axudantes, raparigas e miraquébonica. Enfádame ir aos restaurantes e que nunca me ofrezan casquería crendo que non é comida para mulleres...

Entón, necesario ou que? Ao parecer hai tópicos por desmontar e verdades para reivindicar se queremos lograr que a gastronomía sexa un lugar mellor. Empecemos por algúns conceptos básicos. Debaixo dos gorros de chef, ás veces hai trenzas; pódense sacar servizos maratonianos e ser nai; algúns dos mellores viños do país elabóranos viticultoras; e tede claro que se organizásemos un congreso gastronómico, a primeira en subir ao escenario ía ser unha muller... cantando as 40.

Comentarios

Publicacións populares