Fases do Proxecto


O proxecto A QUE SABEN AS ESTRELAS? Nace o curso pasado da man da docente Martina Leis Picallo (contando coa increíble colaboración das alumnas e alumnos de distintos ciclos formativos así coma o saber e bo facer de compañeiras e compañeiros que sempre se involucran en proxectos únicos coma este) co fin de poñerlle nome e apelidos ás estrelas menos coñecidas pero que brillan como ningunha nun universo masculino, AS MULLERES.
Xestos e semántica: da chaquetilla ao mandil
As palabras non só nos axúdan a entendernos, tamén transmiten outro tipo de información, digamos, subliminar. Fronte a “cociñeira e cociñeiro” dúas fermosas palabras da lingua española, aparece o galicismo “chef” que non ten xénero, que significa xefe e que programas como Masterchef e Topchef encargáronse de perpetuar facendo un fraco servizo ao idioma e á cociña. Chef denota mando, poder, xerarquía... atributos dunha cociña decimonónica, a sistematizada por Escoffier á imaxe e semellanza do exército, na que as mulleres non se senten cómodas. Agora que as brigadas xa non son brigadas, senón equipos. Que as chaquetillas – tamén con reminiscencias militares- deixan paso na alta cociña aos mandís, máis femininos, pode alguén explicarme por que esa teimosía coa palabra chef?
Pois ben, velaí comezamos enxalzando a catro BRAVAS da alta cociña, o 26 de febreiro de 2019 con Lucía Freitas e seguimos con Beatriz Sotelo, Toñi Vicente rematando con Carme Ruscalleda o 14 de maio:


Comentarios

Publicacións populares