Recordos dun día doce

A piques de rematar o curso e despois duns meses de cambios e emocións intensas gustaríame lembrar un dos días máis doces para as nosas alumnas de Pastelería de FP Básica.

O día 29 de Xaneiro viñeron a facernos unha visita as nosas compañeiras e compañeiros do IES O Couto, producindo reencontros entre antigas alumnas e profesores.
Para tal ocasión, as nosas alumnas prepararon un detalle doce e personalizado co que agasallaron ós nosos visitantes.
Este detalle estaba composto por unhas galletas de benvida ó noso centro, das que vos deixo a imaxe e a receita para que as podades elaborar e degustar.

Receita Galletas       



As nosas futuras pasteleiras aportaron moita dedicación e cariño á hora de realizar estas galletas, aínda que fose difícil a búsqueda de referentes galegos femininos no mundo da Pastelería, dato que contrasta bastante cas referentes en Cociña en Galicia, onde nos atopamos nomes como os de Lucía Freitas, Begoña Vázquez Gago ou Beatriz Sotelo, entre outros.
De todos modos podemos nomear a dúas pasteleiras ourensás das que seguimos o seu traballo, como Herminia Rodríguez, dirixente da Tahona de Herminia en Ribadavia ou Ana Cerviño, dirixente da Confitería Cerviño no Carballiño.

Confitería Cerviño
Ana Cerviño, Confitería Cerviño

Herminia Rodríguez, Tahona de Herminia


Para intentar que aparezan máis figuras de mulleres na pastelería galega debemos de seguir impartindo formación neste sentido e así procurar que nun futuro nomes representativos deste sector salgan do noso IES.

Apúntate ó reto!! 

Comentarios

Publicacións populares